Visitamos o teu centro
Talleres en centros de ensino de Galicia
Os obxectivos son proporcionar unha información de calidade ao alumnado, profesorado e familias sobre as posibilidades educativas dos videoxogos de xeito proveitoso e construtivo.
Xornadas que se centran no videoxogo como unha ferramenta amiga con gran potencial.

Unha análise do contexto actual do videoxogo e o seu papel na sociedade, particularmente no tempo de lecer das crianzas, con recomendacións para o seu uso saudable dende o punto de vista médico, desmontando estereotipos e facendo énfase na igualdade, na diversidade e na accesibilidade.
Vertebrado a través dunha guía de títulos de especial interese, exemplificados con dispositivos e xogos para interactuar e experimentar, e información sobre as plataformas de xogo actuais.
- Dispoñible: version para profesionais / versión familias / versión crianzas
- Duración: 2h
- Parcialmente subvencionable / Consultar
Presentación aberta sobre a historia dos xogos desenvolvidos en Galicia dende 1986 ata a actualidade con atención aos/as seus autores/as, cunha escolma de xogos interactivos galegos ou cunha estreita relación con Galicia.
Abordarase tamén o uso do galego no medio e a importancia da localización de contidos, dando a coñecer institucións educativas e outros axentes que contribúen ao conxunto da actividade en torno ao videoxogo en Galicia.
- Dirixido a: de 8 a 17 anos
- Duración: 2h
- Parcialmente subvencionable / Consultar
Gama variada de talleres a elixir, centrados na interacción entre os videoxogos, as distintas disciplinas artísticas e outros medios de expresión que forman parte das industriais culturais e do lecer, nas que o videoxogo ten xa un papel clave.
Inclúe unha pequena mostra de títulos xogables e obras diversas que gardan relacións entre si, exemplificando as influencias mutuas e a interdisciplinaridade inherente aos videoxogos.
Parcialmente subvencionables:
- Dirixido a: de 8 a 17 anos
- Duración: 2h
- Parcialmente subvencionable / Consultar
Charla en inglés / bilingüe con actividade didáctica que aborda o potencial e as facilidades dos vidoxogos para a práctica doutras linguas -particularmente o inglés- con consellos de uso na aprendizaxe.
Conta con títulos recomendables en formato interactivo para experimentar, unha actividade didáctica que encara as dificultades específicas dos falantes de galego e castelán na aprendizaxe do inglés, e exemplos populares que se atopan no videoxogo.
- Dirixido a: de 8 a 17 anos / versión familias
- Duración: 2h
- Parcialmente subvencionable / Consultar
CONSULTA
Pide o teu orzamento e información adicional sobre talleres concretos para desenvolver no teu centro, con material, videoxogos e dispositivos do MUVI
Museo do Videoxogo
- Rúa Aragón 2, Cangas do Morrazo
- 986 11 29 31
- info@muvi.gal
