ACTIVIDADES PARA CENTROS DE ENSINO
Visitas guiadas que abordan o videoxogo como medio de expresión cultural, cun enfoque histórico, didáctico e ameno para o alumnado.
COÑECENDO O MUVI
A historia do videoxogo gozada dun xeito único
Museo
Achegamento divulgativo á historia do medio, con información sobre as pezas, a democratización museística dos videoxogos e a súa preservación.
Interactivo
Para coñecer o sector do videoxogo é preciso xogar. Interactúa con 50 dispositivos funcionais escollidos entre os centos de pezas do MUVI.
Cultural
Contextualización histórica e sociocultural dos videoxogos en todo o mundo, facendo fincapé nos títulos e autores da industria do videoxogo galego.
Audiovisual
Achegamento a sistemas electrónicos de lecer de máxima relevancia tecnolóxica nas últimas cinco décadas do eido audiovisual.
Videoxogo Saudable
Enfoque no uso responsable e saudable do videoxogo con recomendacións por idades e contidos, en base á evidencia científica e ás guías diagnósticas vixentes no eido sanitario.
Transversal
Aproximación a un medio rico en diversidade e interconectado en múltiples aspectos coa nosa sociedade, a arte e os outros medios de expresión cultural.
Tipos de visita
O MUVI ofrece nas súas instalacións diversas modalidades de visita e actividades arredor dos videoxogos, e tamén imparte obradoiros a demanda no voso centro de ensino, con persoal e material propios:
VISITA + OBRADOIRO

Visita de alto impacto, de maior duración e profundidade: inclúe a visita básica e engade posibilidades educativas máis específicas, con talleres temáticos únicos impartidos por membros e persoas colaboradoras da Fundación MUVI. Deseñada para os que buscan unha experiencia máis intensa.
VISITA ESENCIAL

A visita esencial ou básica: unha estupenda opción para coles que non coñezan o MUVI. Dinamizada por persoal da Fundación, consta dun percorrido guiado que aborda a historia do videoxogo e a tecnoloxía a través dos diferentes espazos do museo, con tempo adicional para interactuar e experimentar.
Prezos e orzamentos
Diferentes talleres e actividades, no MUVI ou no teu centro
VISITA ESENCIAL
Actividades divulgativas e experimentación interactiva dinamizada, con pezas de tódalas épocas e adaptada a tódalas idades.
Reserva agora
- Visita no MUVI
- Percorrido divulgativo
- Xogo libre titorizado
- 90 minutos
- Taller temático
VISITA + OBRADOIRO
A experiencia definitiva ao redor de contidos específicos: inmersión en inglés, o videoxogo saudable, tecnoloxía… Consulta opcións.
Selecciona un taller
- Visita no MUVI
- Percorrido divulgativo
- Xogo libre titorizado
- 120 minutos
- Taller temático seleccionado
Obradoiros no teu centro
O MUVI desenvolve actividades, talleres, charlas, accións e exposicións interactivas nos centros ensino e/ou lugares que se riquiran.
Obradoiros e formación
Achegámonos a vós, desprazando persoal e material do Museo do Videoxogo, adaptando os nosos obradoiros, talleres e formación ás necesidades da audiencia e mantendo os mesmos principios de rigorosidade e enfoque educativo. Indicado para alumnado, ANPAs e profesorado.
Pecha unha reserva
Segue estes pasos
1
Selecciona visita
Tes tres opcións
2
Enche o formulario
Consulta dúbidas
3
Envía solicitude
... e agarda confirmación
4
Reserva completa
Factura e pago
Actividades experimentais, libres e titorizadas
No MUVI as crianzas aprenderán a entender o presente do videoxogo a través dun achegamento rigoroso ao pasado, adentrándose nun universo rico e diverso máis alá dunha simple visión superficial.
Títulos e obras de grande pegada artística e cultural desafiarán os seus sentidos, nun mar de apaixoantes experiencias con sistemas electrónicos de tódalas épocas dende 1972.